FAQ Candidatos

NOTA: O contido deste apartado é meramente informativo e non vinculante

  1. Accederán á formación ata un máximo de 75 persoas, en función das solicitudes recibidas e dos resultados do proceso de avaliación e selección para o Programa.

  2. Ata un máximo de 60 persoas, en función do número de solicitudes de empresas e os resultados da formación.

  3. Nas instalacións que determine a Dirección Xeral de I+D+i, dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.

  4. O horario vai ser de xornada de mañá e tarde, 40 horas semanais, ata totalizar 320 horas. Os meses de realización da formación determinaranse unha vez resolto o proceso de avaliación e selección para o Programa.

  5. O programa formativo de 320 horas está composto polos seguintes módulos:

    • Sistemas de xestión da I+D+i.
    • Xestión administrativa e económica de proxectos de I+D+i.
    • As novas tecnoloxías como ferramenta de innovación.
    • Vixilancia tecnolóxica e prospectiva.
    • Propiedade industrial e intelectual.
    • Fiscalidade da innovación.
    • Xestión da calidade en proxectos.
    • Principais programas de apoio á I+D+i: Galicia, España e Europa.
    • Transferencia de resultados e de tecnoloxías.
    • Técnicas de negociación.
    • Dirección de equipos.
    • Ferramentas 2.0 do Programa XIGA.
    • Outros módulos relacionados coa innovación.
  6. Si, sempre que sendo maior de idade e cumprindo os restantes requisitos establecidos nas bases e convocatoria, poidas acreditar que concorre algunha das circunstancias seguintes:

    • Ter nacionalidade dun estado membro da Unión Europea, así como ser nacional de aqueles estados aos que, en virtude de tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa aplicable a libre circulación de traballadores nos termos en que está definida no tratado constitutivo da Unión Europea.
    • Tamén poderá participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais dalgún dos demais estados membros da Unión Europea, cando así o prevexa o correspondente tratado, e o dos nacionais dalgún estado ó que, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe menores de vinte e un anos ou maiores de dita idade que vivan ás súas expensas.
    • Así mesmo, poderán participar os estranxeiros que, non estando incluídos nos parágrafos anteriores, teñan residencia legal en España.
  7. Si, sempre que reúnas todos os requisitos esixidos nas bases e convocatoria, e obteñas unha puntuación suficiente para superar a fase inicial de valoración de méritos. Deste xeito accederías a unha entrevista na que se valoraría o teu nivel de coñecemento de inglés. Non obstante, o carecer desta acreditación documental impide que na fase previa de valoración de méritos se teña en conta este coñecemento e, polo tanto, non poidas obter puntos por el, estando condicionando o acceso á formación á puntuación que obteñas no proceso de selección.

  8. Si, sempre que reúnas todos os requisitos esixidos nas bases reguladoras e convocatoria e superes o proceso de selección de candidatos. Non obstante, carecer desta experiencia imposibilita que obteñas a puntuación reservada para este apartado na fase inicial de valoración de méritos.

  9. Si, sempre que reúnas todos os requisitos esixidos nas bases reguladoras e convocatoria e superes o proceso de selección de candidatos.

  10. Si, sempre que reúnas todos os requisitos esixidos nas bases da convocatoria e superes o proceso de selección de candidatos.

  11. Non. Un dos requisitos esixibles para poder ser unha persoa beneficiaria da formación é ter obtido unha titulación superior con posterioridade ao ano 1995.

  12. Non. Dispoñer dunha titulación superior é un dos requisitos imprescindibles para poder ser persoa beneficiaria.

  13. Non. Dispoñer dunha titulación superior recoñecida en España é un dos requisitos imprescindibles para poder ser persoa beneficiaria.

  14. Si. Non se establece ningún tipo de limitación para as titulacións superiores, pudendo ser tanto de ciencias como de humanidades.

  15. As persoas que superen a formación ordenaranse por expediente, e sempre que existan empresas solicitantes suficientes e de acordo a dita orde, entrarán en procesos de selección nos que serán as empresas as que decidan esta contratación, polo que non está garantido que todas as persoas que superen con éxito a formación accedan a un contrato nestas condicións.

  16. Non, serán as empresas beneficiarias as que seleccionen ás persoas a contratar.

  17. Si. Todas as persoas que participen na formación terán dereito a recibir unha bolsa de estudos de 400 euros brutos mensuais, sempre que non acumulen un absentismo superior ao 10%.

  18. Neste caso, podes ser requirido para abonar os importes recibidos en concepto de bolsa de estudos, así como os xuros de mora correspondentes desde o momento do seu pagamento ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro.

  19. Neste caso, podes ser requirido para abonar os importes recibidos en concepto de bolsa de estudos, así como os xuros de mora correspondentes desde o momento do seu pagamento ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro.

  20. Neste caso, podes ser requirido para abonar os importes recibidos en concepto de bolsa de estudos, así como os xuros de mora correspondentes desde o momento do seu pagamento ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro.

  21. Se durante o período de proba se produce a extinción da relación laboral por decisión túa ou por acordo entre as partes, decaerás no seu dereito a ser contratado como xestor de innovación.

    Se a extinción do contrato fose por causa imputable a ti, poderías ser sancionado nos termos establecidos nas bases e convocatoria do Programa.

  22. Realizar labores relacionadas coa xestión da innovación, entre as que destacarían as seguintes:

    • Identificar proxectos e potencial de innovación na empresa.
    • Analizar convocatorias de axudas públicas no eido da I+D+i.
    • Definir, planificar e documentar memorias de proxectos de I+D+i.
    • Xestionar proxectos de innovación na empresa, xa sexan realizados de forma individual ou en réxime de cooperación.
    • Reportar a través da ferramenta telemática do Programa XIGA ao órgano xestor do mesmo do estado e resultados dos proxectos de I+D+i.
    • Atender as peticións realizadas pola Dirección Xeral de I+D+i con relación ás actividades de seguimento e control, para informar do seu desempeño.

    Non obstante, esta non pretende ser unha relación exhaustiva, pudendo conter outras sempre que estean vinculadas coa xestión da innovación na empresa.

  23. No caso de ser contratado, a vinculación laboral será exclusiva coa empresa contratante. En ningún caso, nin durante o desenvolvemento da formación nin durante o posterior desenvolvemento das tarefas de xestión da innovación en empresas, existirá vinculación laboral algunha coa Consellería de Economía e Industria nin coa Xunta de Galicia.

  24. A modalidade de contrato que se realizará entre a empresa beneficiaria da subvención e a persoa especialista en xestión da innovación será a de contrato de traballo por obra ou servizo determinado a xornada completa, con dependencia directa da primeira. En ningún caso existirá relación laboral ou contractual algunha entre a persoa beneficiaria e a Consellería de Economía e Industria nin coa Xunta de Galicia.

    En todos os contratos establecerase un período de proba de 2 meses. A categoría profesional coa que serán contratados os xestores de innovación será como mínimo a de titulado superior, e as retribucións a percibir serán como mínimo as que se establezan no correspondente convenio colectivo para a categoría correspondente.