FAQ empresas
NOTA: O contido deste apartado é meramente informativo e non vinculante
-
Poderán ser beneficiarias desta subvención, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nas bases e convocatoria que as regula, as sociedades mercantís de carácter privado e con sede ou delegación en Galicia e preferentemente do ámbito industrial.
Quedan expresamente excluídas desta convocatoria as empresas encadradas dentro do grupo 70 do CNAE 2009.
-
Poderá contratar a un especialista en xestión da innovación, condicionado ao cumprimento dos requisitos establecidos nas bases para as empresas beneficiarias e en función do número de persoas candidatas e do resultado da formación específica prevista.
-
Sempre que exista un número suficiente de persoas candidatas e a empresa resulte beneficiaria das subvencións, o especialista en xestión da innovación incorporarase á empresa de xeito inmediato unha vez finalizado e superado con éxito o programa de formación previsto na convocatoria das axudas, tras completar o proceso selectivo que realice a empresa.
-
As solicitudes presentadas polas empresas van ser avaliadas pola Comisión de Valoración especificada nas bases da subvención, de acordo cos seguintes criterios (ata un máximo de 100 puntos):
- A existencia de propostas de proxectos de innovación que desenvolverá o xestor de innovación, a calidade da súa memoria descritiva, a incidencia prevista nos resultados da empresa co seu desenvolvemento e o seu impacto na sociedade galega (35 puntos).
- A experiencia previa na participación en proxectos de I+D+i, financiados a través de convocatorias públicas nos últimos catro anos (ata 38 puntos).
- Mellora das condicións laborais da persoa que se contrate para a xestión da I+D+i con respecto ás previstas nesta orde (ata 15 puntos).
- Coherencia global da proposta (ata 10 puntos).
- Utilización da lingua galega na realización de actividades ou condutas para a que se solicita a axuda, de conformidade co establecido no artigo 20.2º da Lei 9/2007 (2 puntos).
A puntuación que se obteña nesta valoración determinará a orde para poder realizar a contratación do persoal especialista en xestión de innovación, de forma que a empresa que obteña a mellor puntuación escollerá en primeiro lugar.
-
As empresas benificiarias da subvención, ordenadas por orde decrecente de puntuación, elixirán segundo a súa prelación, entre as 60 persoas candidatas con mellor puntuación que teñan acadado a condición de xestor de innovación. Para este fin, a Dirección Xeral de I+D+i porá a disposición das empresas seleccionadas o perfil das persoas candidatas; unha vez elixido un xestor, este deixará de estar dispoñible e a empresa queda obrigada a formalizar o correspondente contrato.
A empresa disporá de 10 días naturais dende a selección para contratar á persoa seleccionada e para comunicar a súa contratación á Dirección Xeral de I+D+i, achegando ademais a copia do contrato laboral formalizado.
-
Todas as persoas contarán con titulación superior, dominio do idioma inglés e carné de conducir da categoría B1. Ademais, terán que ter superado con éxito un programa formativo especializado de 320 horas coordinado desde a Dirección Xeral de I+D+i da Consellería de Economía e Industria, cos seguintes módulos:
- Sistemas de xestión da I+D+i.
- Xestión administrativa e económica de proxectos de I+D+i.
- As novas tecnoloxías como ferramenta de innovación.
- Vixilancia tecnolóxica e prospectiva.
- Propiedade industrial e intelectual.
- Fiscalidade da innovación.
- Xestión da calidade en proxectos.
- Principais programas de apoio á I+D+i: Galicia, España e Europa.
- Transferencia de resultados e de tecnoloxías.
- Técnicas de negociación.
- Dirección de equipos.
- Ferramentas 2.0 do Programa XIGA.
- Outros módulos relacionados coa innovación.
Ao longo do desenvolvemento do programa realizarase un proceso avaliativo continuo e un traballo final que determinarán a orde final dos candidatos en base ás súas puntuacións.
-
Terá a consideración de gasto subvencionable o custe laboral do salario bruto anual máis a cota da seguridade social, da contratación por conta allea a tempo completo do persoal especialista en xestión da innovación. A axuda asume a forma de subvención a fondo perdido e a súa contía calcularase sobre un importe máximo de 30.000 euros para o salario bruto anual e a cota empresarial da seguridade social a tempo completo.
- Primeiro ano de contrato: 21.000 euros, que corresponden ao 70% dos gastos subvencionables.
- Segundo ano de contrato: 15.000 euros, que corresponden ao 50% dos gastos subvencionables.
- Terceiro ano de contrato: 9.000 euros, que corresponden ao 30% dos gastos subvencionables.
Exclúense da base subvencionable as indemnizacións de calquera tipo e os suplidos á conta da empresa motivados pola contratación de persoal especialista en xestión da innovación da Rede de Xestores de Innovación de Galicia (XIGA).
As subvencións reguladas nestas bases están suxeitas ao réxime de mínimis, serán incompatibles con calquera outra bolsa ou axuda financiada por calquera administración, institución ou ente público, así como con soldos ou salarios que impliquen vinculación contractual ou estatutaria dos interesados.
-
Tres anos naturais contados desde a data de celebración do contrato laboral que vincule ao especialista en xestión da innovación coa empresa. Transcorridos os tres anos completos a relación laboral entenderase extinguida, e a súa renovación ou modificación entre a empresa e o especialista en xestión de innovación dependerá do acordo entre as partes.
-
No caso de contratar a un especialista en xestión da innovación, a vinculación será laboral e en exclusiva coa empresa contratante. En ningún caso existirá vinculación laboral algunha do especialista en xestión da innovación coa Xunta de Galicia.
O tipo de contrato a realizar entre a empresa beneficiaria da subvención e a persoa especialista en xestión da innovación será por obra ou servizo determinado e a xornada completa, con dependencia directa da primeira. En todos os contratos establecerase un período de proba de 2 meses.
A categoría profesional coa que serán contratadas as persoas beneficiarias será como mínimo a de titulado superior, e as retribucións a percibir serán como mínimo as que se establezan no correspondente convenio colectivo para a categoría correspondente.
-
Poderanse contratar con cargo a esta subvención ás persoas que, tendo realizado a formación especializada prevista na convocatoria, a superen con éxito e obteñan a conseguinte acreditación. Dentro destas persoas, e en función da puntuación obtida pola empresa beneficiaria no proceso de valoración, poderá seleccionar á persoa que prefira de entre as dispoñibles.
-
No caso de que, rematado o período de proba e durante o primeiro ano de contrato, a empresa poña fin á relación laboral, deberá acreditar a adecuación e validez dos motivos para non incorrer na perda do dereito á percepción da subvención prevista na convocatoria. No caso de que a finalización da relación laboral resulte procedente, a empresa poderá optar, por unha soa vez, á contratación dun novo xestor, a partir dalgunha das persoas que figuren na posible lista de agarda.
-
Os formularios de solicitude destas subvencións deberanse obter, cubrir, confirmar e imprimir necesariamente polas persoas e entidades solicitantes a través da aplicación informática programa Rede X!GA, sita nos enderezos da internet http://www.redexiga.es e http://economiaeindustria.xunta.es da Consellería de Economía e Industria. Para cubrir correctamente os formularios de solicitude, no citado enderezo da Internet haberá instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polos solicitantes.
Poderanse cubrir e obter e imprimir os formularios ata as 24.00 horas do día anterior á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información, poderán dirixirse á Dirección Xeral de I+D+i, a través do teléfono 881 999 636 ou do enderezo de correo electrónico info@redexiga.es.
A presentación de solicitudes farase por vía escrita (en soporte papel) obtida dos formularios.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no DOG. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbera día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
As solicitudes en formato papel presentaranse preferentemente no Rexistro da Dirección Xeral de I+D+i , sita en rúa dos Feáns, nº 7 - baixo, 15706 Santiago de Compostela, así como nos de calquera outro órgano da Administración Xeral do Estado, das comunidades autónomas ou das entidades que integran a Administración local, sempre que neste último caso se teña subscrito o oportuno convenio, ou polos restantes medios previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992.
Xunto cos formularios de solicitude, deberase engadir a documentación á que se fai referencia no artigo correspondente das bases de cada Anexo. Para isto, no proceso de formalización telemática permitirase anexar á solicitude os arquivos informáticos necesarios.
-
Xunto coa solicitude deberá achegar a seguinte documentación:
- Copia compulsada do CIF da sociedade mercantil solicitante.
- Copia compulsada do documento público acreditativo do poder con que actúa o seu representante.
- Copia compulsada da escritura de constitución da entidade e modificacións, de ser o caso, debidamente inscrita no rexistro mercantil ou industrial.
- Declaración xurada do representante legal de cada empresa participante, relativa ás axudas acollidas ao réxime de minimis, que recibisen durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en que se tivese aprobado a axuda, empregando a estes efectos o documento que se inclúe como Anexo VI á solicitude.
Declaración do conxunto de axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo fin, de todas as administración públicas, empregando para estes efectos o documento que se inclúe na solicitude. - No caso de dispoñer deles, memoria descritiva do proxecto ou proxectos de innovación que se pretenden desenvolver polo persoal especialista en xestión da innovación da rede XIGA que se contrate, segundo o modelo normalizado que se inclúe na solicitude.
- Cuestionario debidamente cumprimentado do estado actual da xestión da innovación na empresa conforme ao modelo normalizado que se inclúe na solicitude.
Ademais, a presentación da solicitude comporta a autorización da persoa solicitante ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.
A presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e a súa publicación dentro dos límites indicados na convocatoria e bases da axuda a efectos de dar publicidade das mesmas, coas excepcións previstas nas leis.
-
Para xustificar os diferentes pagamentos a empresa deberá presentar un exemplar da seguinte documentación:
- Un informe de resultados, segundo o modelo e a través dos medios que se indiquen desde a propia Dirección Xeral de I+D+i.
- Fotocopia compulsada das nóminas e dos TC2 do persoal da rede XIGA contratado, xunto cos xustificantes de pagamento destes documentos. En ningún caso se admitirán xustificantes de pagamento con data posterior á xustificación.
- Se a empresa na solicitude de axuda denegou explicitamente o consentimento para solicitar as certificacións correspondentes deberá aportar as que acrediten estar ao corrente coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia
- Certificación expedida pola entidade bancaria da titularidade da conta onde se debe efectuar o pagamento da subvención, en que conste a razón social e o CIF/NIF do titular, así como o código de banco, código de sucursal, díxito de control e código de conta corrente (só para o primeiro pagamento ou nos sucesivos se cambia a conta).
- Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas como concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.
Esta documentación deberá presentarse nos meses de xaneiro e xullo de cada ano agás para o último pagamento que se presentará ao longo do mes seguinte ao de finalización do contrato.
-
Poderán realizarse pagamentos anticipados destas axudas do seguinte modo:
- Primeiro pagamento: corresponde á anualidade 2010 e efectuarase unha vez que a empresa presente a copia do correspondente contrato
- Seguintes pagamentos: corresponden ás anualidades 2011, 2012 e primeiro semestre de 2013 e efectuaranse polo importe dun semestre e sempre despois da completa xustificación do pagamento anterior.
- Último pagamento: corresponde á parte final do contrato, no ano 2013, e efectuarase despois de rematado o contrato e da completa xustificación tanto do pagamento anterior como do pagamento que se pretende realizar.
Exímese ás empresas da presentación de garantías.
-
Realizar labores relacionadas coa xestión da innovación, entre as que destacarían as seguintes:
- Identificar proxectos e potencial de I+D+i nas empresas.
- Analizar convocatorias de axudas públicas no eido da I+D+i.
- Definir, planificar e documentar memorias de proxectos de I+D+i.
- Xestionar proxectos de innovación na empresa, xa sexan realizados de forma individual ou en réxime de cooperación.
- Informar á Dirección Xeral de I+D+i, a través da ferramenta telemática do Programa XIGA do estado e resultados dos proxectos de I+D+i, así como toda aquela outra información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino da axuda.
Non obstante, esta non pretende ser unha relación exhaustiva, pudendo conter outras sempre que estean vinculadas coa xestión da innovación na empresa.
-
Sen prexuízo doutras obrigas establecidas legal ou regulamentariamente, os beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro desta orde quedan obrigados a:
- Realizar a contratación do xestor de innovación elixido cando menos cos requisitos establecidos nas presentes bases, podendo melloralos de xeito voluntario.
- Permitir o acceso ás persoas designadas pola Dirección Xeral de I+D+i para a verificación, con relación ás actividades de seguimento e control, do desenvolvemento e consecución das actividades e obxectivos pactados.
- Acudir ás sesións de seguimento e control do programa, convocadas pola Dirección Xeral de I+D+i ou pola entidade en que este delegue a xestión do programa.
- Proceder ao reintegro, total ou parcial, da subvención percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión.
- Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que corresponde á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma con relación á subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, e de ser o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
- Comunicarlle ao órgano concedente a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan axiña como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
- Non superar as porcentaxes máximas de acumulación de axudas establecidas na normativa comunitaria europea.
- Solicitarlle á Dirección Xeral de I+D+i a autorización para realizar calquera modificación no desenvolvemento da actividade financiada, previamente á súa realización, e en todo caso antes de que remate o prazo de xustificación da subvención.

