Obxectivos

Relativos ás empresas:

  1. Dotar ó mercado empresarial de expertos en I+D+i para que as Pemes poidan contar cun asesoramento especializado que lles permita identificar oportunidades e desenvolver proxectos que se traduzan en solucións produtivas innovadoras.
  2. Potenciar as iniciativas e o gasto privado en I+D+i, e o desenvolvemento de estruturas estables dentro das empresas para a súa xestión.

Relativos á Administración:

  1. Levar a cabo accións de soporte que trascendan á axuda económica puntual ligada a proxectos concretos abordando aspectos estruturais do progreso empresarial como consecuencia de estratexias innovadoras.
  2. Avaliar os resultados desta experiencia piloto inicial para optimizar os criterios da extensión da acción a un maior número de empresas.
  3. Obter inputs dos xestores de innovación que configurarán a rede para mellorar a planificación das accións ligadas á política de I+D+i da Xunta.

Relativos á sociedade:

  1. Dinamizar o mercado laboral a través da mobilización de profesionais altamente cualificados con perspectivas de contratación estable.
  2. Contribuír á consolidación dun modelo económico baseado no coñecemento e na innovación a partir dos proxectos de I+D+i que o tecido empresarial poñerá en marcha grazas á iniciativa destes profesionais.